Blogia
alvarofol

Tipoloxías de transición ao emprego.

Entre as diferentes transicións que Casal describe, actualmente, teñen unha maior presenza tres traxectorias: unha ("traxectoria de aproximación sucesiva"), a máis dominante, implica un retraso na consecución de logros e na emancipación familiar cun continuo axuste de expectativas, aínda que cun sentido constructivo a medio ou longo prazo, e correspondese con xóvenes titulados universitarios ou de formación profesional que fan a súa entrada no mercado laboral a través de contratos formativos ou temporais; a segunda ("traxectoria de precariedade") está caracterizada por alternativas situacións de traballo e paro e polo subemprego correspondendo a xóvenes que nun número amplo abandonan prematuramente os seus estudos para acceder sen cualificación ao mercado de traballo secundario; e a terceira ("traxectoria en desestructuración") é  a máis conflictiva debido á situación de bloqueo transicional e de paro crónico nun contexto de economía marxinal ou sumerxida. Pero Casal tamén tipifica outras tres situacións que tiveron máis presenza en épocas anteriores e que hoxe resultan minoritarias: unha ("traxectorias en éxito precoz") refírese a xóvenes que manteñen unha formación inmaculada, para inmediatamente superados os seus estudos, conseguir unha relación laboral estable; outra ("traxectoria obreira") alude a xóvenes con titulacións intermedias nun entorno de traballo manual ou pouco cualificado que permite escasa promoción nas súas carreiras e goza de gran vulnerabilidade; finalmente, a derradeira ("traxectoria de adscripción familiar") é minoritaria e fai referencia a explotacións familiares que heredan os xóvenes.

Fonte Bibliográfica: Casal, J.: "Modalidades de transición profesional y precarización del empleo". Localización en: Cachón, L.: Juventudes, mercado de trabajo y políticas de empleo. Ed. 7 i mig. Valencia. 1999.

0 comentarios