Blogia
alvarofol

HABILIDADES PARA A INSERCIÓN LABORAL

A maior parte de demandas que os empresarios plantexan, hoxe en día, á hora de seleccionar aos seus traballadores teñen que ver con elementos comúns a diferentes tipos de traballo; estos coñecementos xenéricos poden ser adquiridos polo alumno durante as súas prácticas na empresa (FCT) e  poden axudar a aumentar o seu potencial de empleabilidade no futuro. Expresamos algunhas destas habilidades:

1. Formación de coñecemento: cultura xeral e aprendizaxes específicos do oficio concreto xunto coas nocións básicas de regulación laboral.

2. Actitude frente ao traballo: interés no traballo e no perfeccionamento, responsabilidade e perseverancia.

3. Habilidades asociadas ao desempeño laboral: capacidade de concentración na tarefa e de estructuración do traballo, iniciativa, flexibilidade para valoralas situacións e tomar decisións, destrezas manuais.

4. Habilidades sociais: aptitude para captar e seguir as normas de conducta adecuadas, respecto aos demais e control da agresividade, saber "venderse".

5. Cambios psicolóxicos: autoestima, madurez e realismo á hora de plantexarse obxectivos.

0 comentarios