Blogia

alvarofol

... ME TRASLADO A...

http://alvarofol.wordpress.com/

"Comprar, tirar, comprar"

"Os tres motores da economía?: a publicidade, a obsolescencia programada e o crédito"

Documental que fai un recorrido pola historia dunha práctica empresarial que consiste na reducción intencionada da vida dun producto para incrementar o seu consumo.


HABILIDADES PARA A INSERCIÓN LABORAL

A maior parte de demandas que os empresarios plantexan, hoxe en día, á hora de seleccionar aos seus traballadores teñen que ver con elementos comúns a diferentes tipos de traballo; estos coñecementos xenéricos poden ser adquiridos polo alumno durante as súas prácticas na empresa (FCT) e  poden axudar a aumentar o seu potencial de empleabilidade no futuro. Expresamos algunhas destas habilidades:

1. Formación de coñecemento: cultura xeral e aprendizaxes específicos do oficio concreto xunto coas nocións básicas de regulación laboral.

2. Actitude frente ao traballo: interés no traballo e no perfeccionamento, responsabilidade e perseverancia.

3. Habilidades asociadas ao desempeño laboral: capacidade de concentración na tarefa e de estructuración do traballo, iniciativa, flexibilidade para valoralas situacións e tomar decisións, destrezas manuais.

4. Habilidades sociais: aptitude para captar e seguir as normas de conducta adecuadas, respecto aos demais e control da agresividade, saber "venderse".

5. Cambios psicolóxicos: autoestima, madurez e realismo á hora de plantexarse obxectivos.

Tipoloxías de transición ao emprego.

Entre as diferentes transicións que Casal describe, actualmente, teñen unha maior presenza tres traxectorias: unha ("traxectoria de aproximación sucesiva"), a máis dominante, implica un retraso na consecución de logros e na emancipación familiar cun continuo axuste de expectativas, aínda que cun sentido constructivo a medio ou longo prazo, e correspondese con xóvenes titulados universitarios ou de formación profesional que fan a súa entrada no mercado laboral a través de contratos formativos ou temporais; a segunda ("traxectoria de precariedade") está caracterizada por alternativas situacións de traballo e paro e polo subemprego correspondendo a xóvenes que nun número amplo abandonan prematuramente os seus estudos para acceder sen cualificación ao mercado de traballo secundario; e a terceira ("traxectoria en desestructuración") é  a máis conflictiva debido á situación de bloqueo transicional e de paro crónico nun contexto de economía marxinal ou sumerxida. Pero Casal tamén tipifica outras tres situacións que tiveron máis presenza en épocas anteriores e que hoxe resultan minoritarias: unha ("traxectorias en éxito precoz") refírese a xóvenes que manteñen unha formación inmaculada, para inmediatamente superados os seus estudos, conseguir unha relación laboral estable; outra ("traxectoria obreira") alude a xóvenes con titulacións intermedias nun entorno de traballo manual ou pouco cualificado que permite escasa promoción nas súas carreiras e goza de gran vulnerabilidade; finalmente, a derradeira ("traxectoria de adscripción familiar") é minoritaria e fai referencia a explotacións familiares que heredan os xóvenes.

Fonte Bibliográfica: Casal, J.: "Modalidades de transición profesional y precarización del empleo". Localización en: Cachón, L.: Juventudes, mercado de trabajo y políticas de empleo. Ed. 7 i mig. Valencia. 1999.

The Corporation (2003)

Documental canadiense sobre a empresa moderna...

Reflexións sobre Desemprego Xuvenil.

“Se ha afirmado que los bajos salarios de los jóvenes en comparación con los salarios de los adultos mejoran las perspectivas de empleo de los jóvenes porque los hacen más atractivos para los empleadores. Este argumento da por sentado que los trabajadores jóvenes y los adultos son intercambiables; pero a menudo tienen calificaciones y experiencias diferentes, y por ello compiten por empleos diferentes (sobre todo en el caso de los trabajadores calificados). … Recientemente, el debate sobre los salarios de los jóvenes se ha centrado en el vínculo que existe entre el salario mínimo y el empleo de los jóvenes. No hay un acuerdo general acerca de las repercusiones de los salarios mínimos sobre el empleo de los jóvenes. Las investigaciones basadas en países de la OCDE indican que cualquier efecto negativo de los salarios mínimos sobre el empleo de los jóvenes es pequeño en comparación con otros factores tales como las condiciones económicas y demográficas generales. En algunos países europeos las disminuciones de los salarios mínimos estuvieron acompañadas por disminuciones del empleo de los jóvenes. En pocas palabras, muchos autores creen que hay pocos motivos para reducir los salarios mínimos de los jóvenes como medio para reducir el desempleo de los jóvenes o para aumentar la demanda de mano de obra joven.

Por lo que se refiere a la legislación sobre protección del trabajo, se ha afirmado que este tipo de legislación aumenta el desempleo de los jóvenes porque encarece demasiado la mano de obra. Se considera que ciertos tipos de reglamentación laboral, sobre todo la relativa a los despidos, desalientan a los empleadores de contratar trabajadores que no pueden despedir cuando se producen situaciones de crisis económicas. Sin embargo, la protección laboral no sólo es una cuestión de derechos y de obligaciones morales, sino también de productividad y desarrollo. … Algunos estudios recientes indican que la legislación sobre protección del trabajo influye en el tipo más que en el número de personas desempleadas. Los jóvenes que buscan su primer empleo pueden verse afectados por una legislación estricta en esta materia que les hace difícil competir con trabajadores que ya están trabajando. Este tipo de legislación puede, pues, incrementar la dualidad entre, por un lado, los trabajadores protegidos con contratos permanentes y, por otro, las personas que buscan empleos y los trabajadores temporales. Esto no significa, sin embargo, que reducir la protección de la mano de obra sea la manera más adecuada de mejorar las perspectivas de empleo de los jóvenes.”

 

O.I.T., Reunión sobre o emprego dos xóvenes: o camiño a seguir, Ginebra, 2005. “Un buen comienzo: trabajo decente para los jóvenes”.

 

A Inflación

O Banco Central Europeo, en colaboración cos bancos centrais nacionais da zoa do euro, elaborou un material informativo con fin de promocionar a estabilidade de prezos.

Producción en Cadea. [U.D. 1ª: O Dereito de Traballo: Antecedentes Históricos.]

Forma de organización da producción baseada na División do Traballo, de tal xeito que a cada operario correspóndelle unha función especializada cas máquinas. Búscase, con grande celo, un control nos tempos de producción e disciplina, co fin de reducir os costes nas fábricas.

Xurde, a fins de século XIX, co Taylorismo (Organización Ciéntifica do Traballo) e desenrólase no século XX co Fordismo (Henry Ford).

A organización do traballo taylorista supuxo: Aumento da destreza do obreiro a través da especialización e o coñecemento técnico + Maior control de tempo na planta, o que significaba maior acumulación de capital + Idea inicial do individualismo técnico e a mecanización do rol.

A organización do traballo taylorista reduciu efectivamente os custos das fábricas pero se desentendió do salario dos obreiros. Iso deu inicio a numerosas folgas e descontento xeneralizado do proletariado co modelo, cousa que Henry Ford corrixiu e con isto logrou tamén unha visible transformación social.

O Fordismo pretendeu incoporar o obreiro o mercado: o mellorar o salario deste, pretendíase mellorar a productividade, dábaselle capacidade de compra e lográbase aumentar o tamaño de mercado disponibel.

A evolución deste modelo produtivo continuaríase no toyotismo.

Cando o sistema produtivo fordista dá conta dun esgotamento estrutural nos anos 73-74, as miradas na produción industrial comezan a virar ao modelo xaponés; modelo que permitiu levar á industria xaponesa do subdesarrollo á categoría de potencia mundial en só décadas. Os eixos centrais do modelo:

* Flexibilidade laboral e alta rotación nos postos de traballo/roles.

* Estímulos sociais a través do fomento do traballo en equipo e a identificación entre xefe-subalterno.

* Sistema just in time; que revalora a relación entre o tempo de produción e a circulación da mercancía a través da lóxica de menor control do obreiro na cadea produtiva e un aceleramiento da demanda que achega ao "stock 0" e permite prescindir da adega e os seus altos custos por concepto de almacenaxe.

* Redución de custos de planta permite traspasar esa baixa ao consumidor e aumentar progresivamente o consumo nas distintas clases sociais.

Secuencia de "Tiempos Modernos" (1936), Charles Chaplin.

MODELOS DE CONTRATOS DE TRABALLO

MODELOS DE CONTRATOS DE TRABALLO

Relación completa de diferentes formularios de contratos de traballo . Modelos da Consellería de Traballo.

O PORTAL DO EMPREGO

Neste lugar na rede intégrase o "Servicio Público de Empleo Estatal" e os Servicios Públicos de Emprego das diferentes Comunidades Autónomas, co fin de posibilitar o coñecemento polos cidadáns das ofertas, demandas de emprego e oportunidades de formación exitentes en todo o territorio do Estado, así como no resto dos países do Espacio Económico Eurpeo.


BUSCADOR DE SUBVENCIÓNS E AXUDAS PARA EMPRESAS

BUSCADOR DE SUBVENCIÓNS E AXUDAS PARA EMPRESAS

Na procura dunha financiación con capital alleo, debemos de ter en conta as axudas do eido público.

FERRAMENTAS DE BÚSQUEDA DE EMPREGO.

Na búsqueda dun emprego privado, temos unha guía que nos permite coñecer os pasos básicos.