Blogia
alvarofol

Producción en Cadea. [U.D. 1ª: O Dereito de Traballo: Antecedentes Históricos.]

Forma de organización da producción baseada na División do Traballo, de tal xeito que a cada operario correspóndelle unha función especializada cas máquinas. Búscase, con grande celo, un control nos tempos de producción e disciplina, co fin de reducir os costes nas fábricas.

Xurde, a fins de século XIX, co Taylorismo (Organización Ciéntifica do Traballo) e desenrólase no século XX co Fordismo (Henry Ford).

A organización do traballo taylorista supuxo: Aumento da destreza do obreiro a través da especialización e o coñecemento técnico + Maior control de tempo na planta, o que significaba maior acumulación de capital + Idea inicial do individualismo técnico e a mecanización do rol.

A organización do traballo taylorista reduciu efectivamente os custos das fábricas pero se desentendió do salario dos obreiros. Iso deu inicio a numerosas folgas e descontento xeneralizado do proletariado co modelo, cousa que Henry Ford corrixiu e con isto logrou tamén unha visible transformación social.

O Fordismo pretendeu incoporar o obreiro o mercado: o mellorar o salario deste, pretendíase mellorar a productividade, dábaselle capacidade de compra e lográbase aumentar o tamaño de mercado disponibel.

A evolución deste modelo produtivo continuaríase no toyotismo.

Cando o sistema produtivo fordista dá conta dun esgotamento estrutural nos anos 73-74, as miradas na produción industrial comezan a virar ao modelo xaponés; modelo que permitiu levar á industria xaponesa do subdesarrollo á categoría de potencia mundial en só décadas. Os eixos centrais do modelo:

* Flexibilidade laboral e alta rotación nos postos de traballo/roles.

* Estímulos sociais a través do fomento do traballo en equipo e a identificación entre xefe-subalterno.

* Sistema just in time; que revalora a relación entre o tempo de produción e a circulación da mercancía a través da lóxica de menor control do obreiro na cadea produtiva e un aceleramiento da demanda que achega ao "stock 0" e permite prescindir da adega e os seus altos custos por concepto de almacenaxe.

* Redución de custos de planta permite traspasar esa baixa ao consumidor e aumentar progresivamente o consumo nas distintas clases sociais.

Secuencia de "Tiempos Modernos" (1936), Charles Chaplin.

0 comentarios